Inicio Biografía Galería de imágenes Contacto
 
1-PAI
Letra: Alfredo Buxán.
Música: Joaquín Lera.

Pai,fonte de fillos,polo mundo,
pola terra corpo de fonte
garimosa ollada sobor das bágoas sempre .
Como unha man aberta
pra os que choran ou sofren
ou amolanse soios, canseiros anguriados
como unha porta sempre aberta
pra o verdadeiro pranto.
Pai , corazon enteiro
es contra do vento danoso,
es contra da vida ferída que levas
que sempre levaches como un home.
Pai, paiño, o teu camiño
puxome nos ollos ,a verdade mais fonda.
Xa sei,xa sei que non sei todo
que falei sen tino moitas veces.
Xa sabes ti que eu son home tamen
e teño barba, e medo , e tantas fallas.
Mais ti fuches, xa fai tempo
o meu primeiro fogo a lus mais crara.
Ti eres o mais bo escolante
que topeime nos primeiros anos
sen escola sen numeros, sen verbas
co soio ensino da tua propia vida.
Pai
fonte de vida, da miña probe vida
compañeiro non soio do traballo
home de ben, amigo, pai.
Brando mañan brilando
no ceo mais noso,
o de Galicia.
Fonte, area, longa ferída.
Pai, home, queroche.
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

portada

 
Disco:  SOBREVIVIREMOS

  1. PAI
  2. TALISMANES
  3. MADRID ME MATA
  4. DE MADRID A GRANADA
  5. CINCO MINUTOS AZULES
  6. CUANDO EL SOL SE OCULTA EN LA BAHIA
  7. EL PEZ DEL ESTANQUE
  8. NAI
  9. AULLANDO A LA LUNA
  10. SOBREVIVIREMOS
  11. LO QUE DURE DURA
  12. ESTUCHE DE BESOS
  13. PALABRITAS
  14. NO + TEQUILA
  15. LOCURA TE LLAMAN
  16. EL SILENCIO ES MÁS SILENCIO