Inicio Biografía Galería de imágenes Contacto
 
9 -BELA (Galego)

Bela como a lúa é
a rapaza que me fai chorar.
Teño buracos na miña pel
queimadelas que non van curar.
Pois ela non se ten en pé
tola de tanto brear
Polos bares onde aínda veñen.
Os que buscan algo máis.
Bela como o ceo azul
é a princesa que me fai sufrir.
Doce e agre como un blues
faro e sombra que eu perdín.
Na illa onde un dia ti
regalábasme buguinas
Que hoxe xa non podo oir
na miña alma ferida.
Bela
como o sol entre a brétema.
Bela
como unha estrela no mar.
Bela como a praia é
a muller que eu quero esquecer.
Un embruxo para perder
a cabeza e xa non se.
Si é amor este vaiven
que me fai enlouquecer.
Ou un capricho do destino cruel
que me boto do camiño aquel.
Bela como o amanecer
bico amargo dos meus labios.
Papaventos sin cordel
barlovento do meu pranto.
Na rua dos aloumiños
me ten desarranxado.
Como un neno sen cariño.
Como un home sen traballo
Bela
como o sol entre a brétema.
Bela
como unha estrela no mar.
 

 

portada

 
Disco: EL VIAJERO INVISIBLE

 

  1. ROSA DE MOSCÚ
  2. QUEROCHE AINDA
  3. LADY GRAN VÍA
  4. EL ÁNGEL DE BERLÍN
  5. FADOS
  6. BUENOS AIRES
  7. ACUARELAS VENECIANAS
  8. AMANECE EN EL CAIRO
  9. BELA
  10. MAR DO ROSTRO
  11. LOS SECRETOS DE RÍO
  12. HAARLEM
  13. PARÍS
  14. TREMENDA LA HABANA COMPAY
  15. CUENTOS DE PRAGA
  16. CASCABEL